16 de novembro de 2015

O poder da ilusión


Este ano iniciamos o club de lectura con dous libros. Un gustara moito o curso pasado e, por iso, repetimos, Emigrantes de Shaun Tan. O outro tamén é unha pequena xoia de banda deseñada, titúlase Lydie, e foi publicada en España no 2011. Os autores son o  ilustrador catalán Jordi Lafebre e o guionista belga Benoît Drousie, Zidrou. Esta obra foi galardoada con cinco premios internacionais. A través de marabillosas imaxes e un texto emocionante e intimista, nárrase unha historia que ocorre nun afastado barrio dunha cidade belga, no chamado calexón do bebé con bigote, onde acaba de nacer Lydie, filla de Camille. Tamén é a historia de todos os veciños e do seu pequeno mundo.
el premio trofeo de la diferencia 2011 (Angoulême, Francia), el premio Diagonale al mejor álbum 2010 (Bélgica), el premio Le Bédélyx d'Or 2010 (Québec), el premio Tour d'Ivoire al mejor álbum 2011 (Francia) y el premio Grande Ourse d'Andenne 2012 (Bélgica). - See more at: http://lamusayelespiritu.blogspot.com.es/2013/08/critica-lydie-jordi-lafebre-y-zidrou.html#sthash.gjMNmV7H.dpuf Es
el premio trofeo de la diferencia 2011 (Angoulême, Francia), el premio Diagonale al mejor álbum 2010 (Bélgica), el premio Le Bédélyx d'Or 2010 (Québec), el premio Tour d'Ivoire al mejor álbum 2011 (Francia) y el premio Grande Ourse d'Andenne 2012 (Bélgica). - See more at: http://lamusayelespiritu.blogspot.com.es/2013/08/critica-lydie-jordi-lafebre-y-zidrou.html#sthash.gjMNmV7H.dpuf

4 de maio de 2015

Un menú para vivos e mortos



Adentrámonos con este libro no mundo do Alén onde Román, o protagonista do libro, percorrerá o submundo a fin de atopar un menú que goste tanto a vivos como a mortos, superando unha serie de probas nas que non falta o humor macabro.  Nesta difícil tarefa estará acompañado pola súa particular amiga defunta, Escarlatina. Con esta novela a autora gañou diversos premios: o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 -  o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014 - o Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014 -  o Premio Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.

5 de abril de 2015

A casa de Roberto Innocenti


Roberto Innocenti é un ilustrador italiano que goza de recoñecemento internacional, especialmente polo éxito acadado neste libro. Nel as poderosas imaxes creadas por Innocenti acaban tendo máis protagonismo que os textos, obra do escritor norteamericano J. Patrick Lewis. A través dunha casa construída en 1656, e nun momento impreciso abandonada, conta gran parte da historia do século XX, a partir das diferentes familias que habitaron nela.

18 de xaneiro de 2015

Penúltimas tendencias


   O segundo libro de lectura que imos ler este curso titúlase Penúltimas tendencias,  é un libro de poemas de Carlos Negro. Semella unha especie de diario escrito por unha adolescente que busca a súa voz propia nun mundo dominado pola tiranía do espello e dos papeis preconcibidos. En palabras do autor Penúltimas tendencias é :
   "Unha crítica non só dun modelo de beleza ficticio, senón da reprodución de roles tradicionais que manteñen as mulleres presas de instrumentos de control como o imaxinario do amor romántico."
   "Un modelo de beleza que tamén se está a estender aos homes, aínda que a presión é maior sobre as mulleres. O libro ten tamén un sentido das metamorfoses dunha moza, que poderían ser varias. Da procura da propia identidade."
    Aquí tedes dous poemas: