8 de novembro de 2016

A pantasma de Wilde



Embaixadores americanos, duendes irlandeses, manchas de sangre na alfombra, pacientes ao borde da loucura, pantasmas que xa non dan medo, a realidade volta do revés. Todo isto podemos atopar nas páxinas do libro: A pantasma de Canterville (Oscar Wilde).

7 de abril de 2016

O poder dos libros


"Queimar era un pracer". Son as primeiras palabras  coas que empeza o libro Fahrenheit 451 do escritor americano Ray Bradbury, especializado en novelas fantásticas e de ciencia ficción. Escrita no 1953, describe unha sociedade futura na que os libros están prohibidos pois provocan reflexión e fan infelices aos homes. Só resisten a esta imposición do goberno un grupo de rebeldes que... Se queres saber o final, le o libro.

17 de xaneiro de 2016

A verdadeira historia de Enaiatollah Akbari


O escritor italiano Fabio Geda coñece en Italia a un xove afgano de etnia hazara, Enaiat. Este cóntalle a súa historia, desde os dez anos que sae de Afganistán ata que finalmente chega a Italia. É unha viaxe a través de Afganistán, Paquistán, Irán, Turquía, Grecia e Italia, na que se nos mostra de maneira sinxela unha historia emocionante que nos permitirá coñecer outras realidades do mundo en que vivimos.