17 de xaneiro de 2016

A verdadeira historia de Enaiatollah Akbari


O escritor italiano Fabio Geda coñece en Italia a un xove afgano de etnia hazara, Enaiat. Este cóntalle a súa historia, desde os dez anos que sae de Afganistán ata que finalmente chega a Italia. É unha viaxe a través de Afganistán, Paquistán, Irán, Turquía, Grecia e Italia, na que se nos mostra de maneira sinxela unha historia emocionante que nos permitirá coñecer outras realidades do mundo en que vivimos.