Carta a Enaiat d@s lector@s do club
A casa de Roberto Innocenti
Impresionante ...
Ilustrativo ...
Tristura ...
Destrución ...
Beleza ...
Tenrura ...
Historia ...
Penúltimas tendencias, Carlos Negro
Vídeo elaborado a partir dos poemas de Carlos Negro, que polo seu tema, serviron para conmemorar o Día da Muller.
Emigrantes, Shaun Tan
"Gustoume moito o libro Emigrantes debido ás súas excelentes ilustracións (parecían fotografías) e a historia (chegoume ao corazón). O meu personaxe favorito foi esa especie de mascota que seguía a todas partes ao personaxe."
"Pareceume un libro interesante e á vez entretido. O que máis me gustou foi o detalle co que estaban debuxadas as ilustracións. Tamén contar unha historia só con imaxes, sen palabras. Os personaxes gustáronme, pero o meu preferido é o da curta A cousa."
"O libro gustoume moito, sobre todo porque é unha historia moi bonita e fantástica. O autor tivo moita imaxinación para facer o conto e, ao mesmo tempo, seguro que lle deron moito traballo os debuxos para facer un libro con tantas páxinas pero sen palabras."
" A min pareceume un gran libro para poder superar a tristeza de separarte da túa familia. Gustoume moito."
"É un libro moi visual con debuxos moi realistas."
"Gustoume o libro. As imaxes parecían reais e a historia que contaba vivíala, é un libro que merece a pena. Parecía que o autor vivira o que contaba a través das imaxes do libro...Magnífico."
Ningún comentario:
Publicar un comentario